20 marzo 2017

Cuchillo de Fuego e Extinción de los insectos



cuchi

Sábado 25 de marzo ás 20.30

Extinción de los Insectos teñen a súa propia lingua, a súa propia xestión da enerxía, fan unha interpretación ceibe da música e da vida.
Jose, artista gráfico, aquel mozo guitarrista en A Room With A View, o creador de Atomizador, editor en Afeite Al Perro, un amigo.
E Miguel, atipiquísimo realizador audiovisual que xa estivo polo Liceo amosando as súas artes, batería.
Calquera formación de rock extremadamente rápido e imaxinativo queda lenta comparada con isto. Nin Hella nin Lightning Bolt nin pirolas.
https://chingastelaconfianza.bandcamp.com/album/extinci-n-de-los-insectos

Aos Cuchillo de Fuego non lles cabe o corazón no peito, xa o sabes. Andan preparando novo material que poderás degustar, coa emoción do primeiro día, o cheiro fresco da herba recén cortada. O sorriso dun neno, e despois un trallazo punk. La hostia tú.
https://cuchillodefuego.bandcamp.com/

Avanti tutti por entre 5 e 8 euros (á vontade) para que o mapamundi do DIY poida seguir xirando. Vente!

Guardar