Sábado 28 de outubro ás 20.30: Extinción de los Insectos + Cuchillo de Fuego
Rematamos outubro no Liceo coa visita de dúas bandas amigas, presentando o split que editan entre elas ( e o novo disco de Cuchillo, «Megavedra».
Extinción De Los Insectos veñen dende Madrid, son un dúo formado por Jose, ultraimaxinativo guitarrista e voz en A Room With a View, Atomizador e mil proxectos máis e Miguel, elecrificante batería en Ensaladilla Rusa entre outros, cineasta e gandalf underground singular. A súa música fará o mesmo efecto sobre a túa psique que unha apisonadora cósmica feita de petardos e lóstregos pasándote por enriba a velocidade da luz.
https://extinciondelosinsectos.bandcamp.com/
Cuchillo de Fuego seguen aí ó seu, despois de aquel «Triple España» que tanto gustou en Luar presentan o split cos mencionados Extinción de Los Insectos (Editado por Afeite al Perro e Amawisca) e o seu novo disco «Megavedra» (Editado por Humo), continuando coa travesía polos fangos do punk as veces lento as veces rápido, as veces irónico e outras honestísimo.
cuchillodefuego.bandcamp.com
Invitámosvos a vir, aportar entre 5 e 8 € e pasar unha noite chispeante. Lembrade que haberá cea e bebida a bo prezo para que non decaian as forzas!
O Liceo Mutante resiste na rúa Rosalía de Castro nº100 no barrio de Mollabao en Pontevedra
Máis información: http://www.liceomutante.com/ ou ben https://www.facebook.com/LiceoMutante/
Saúde!