Mimá, este sábado 14 vai ser de estoupar… Cuchillo de Fuego presentando por fin o seu disco «Triple España» en casa, no Liceo Mutante, todo dentro de unha festa de entroido mutante…bomba de amor, rapazada.
Cómo vai o tema? Pois haberá filloas, papadela variada, todo a prezos populares coma sempre e a tradición exportada de Villacorona: A entrega de premios despois do concerto para as seguintes categorías:
Mellor disfraz individual / Mellor disfraz en grupo
Disfraz asqueroso individual / Disfraz asqueroso en grupo
Os Cuchillo de Fuego estes son a última rebanada na bolsa do pan de molde marca rock pesado, son o cacho de excremento que un punki non quita da bota nin a tiros, son esa tortilla de noise que repite na túa gorxa, e van dalo todísimo para que o pasemos coma monas saltarinas.
Podes escoitar enteiro o seu flamante «Triple España» aquí: cuchillodefuego.bandcamp.com
Tamén podes cheirar en facebook: https://www.facebook.com/CuchillodeFuego
Vas pasalo coma un curricho e soamente por un donativo de 5 €, abrimos portas ás 20.00!
Lembra que o Liceo Mutante é unha asociación cultural sen ánimo de lucro, xestionada polo traballo de un grupo de voluntarios unidos polo compromiso de sacar adiante unha alternativa cultural autoxestionada a Pontevedra. Coa túa asistencia e apoio (xa non digamos se te ofreces para colaborar) axudas a súa continuidade.