20 agosto 2018

Cuchillo de Fuego + Pinchada de Fuego



cuchillo de fuego

Venres 24 de agosto ás 20.30: Cuchillo de Fuego + Pinchada de Fuego

Este venres tocan Cuchillo de Fuego no Liceo Mutante. Logo de 10 meses eternos sen contar coa súa presenza en directo, regresan ao noso benquerido santuario.
Cuchillo de Fuego son os reyes de España, e chegan en motos de auga co gume ben afiado e o lume ben avivado. Pasaron xa as FESTAS DA PEREGRINA, e chega un BARRIDO DEVASTADOR e HORIZONTAL. Un CHOQUE SECRETO. Unha CONTRIBUCIÓN.
Como xa sabes, desde a última vez que viñeron polo Liceo houbo un cambio na formación, e esta vai ser a primeira vez que poderemos ver en Mollavao a Guille coas Baquetas de Fuego.
Rumoréase que ao evento han vir todas as personalidades que aparecen na portada do seu segundo disco, obra e graza de Carleti. No te digo nada y te lo digo todo, y no te digo trigo por no llamarte Rodrigo!
Atenta: ao rematar o concerto haberá unha Pinchada de Fuego, coa mellor selección de vinilos xirando nos platos. Goce e deleite para dislocar as cadeiras na dancefloor.
Todo isto por entre 5 e 8 euros, que servirán para que os artistas poidan tomar un café no Estrella do Porto ou mercar unha cinta TDK Chrome de 90 minutos en Megavedra.

cuchillodefuego.bandcamp.com