9 septiembre 2019

Cuello



cuello

Mércores 11 de setembro ás 20.30

De verdade que me ides facer contar outra vez quen son Cuello? De verdade que non sabedes que facturan un rock enerxético e melódico único na súa especie? De verdade que nunca asistiches a ningún dos seus demenciais directos? De vedade que nunca coreaches “Estudiándote”? De verdade que non sabedes que os seus membros forman ou formaron parte de proxectos tan míticos e saborosos como Zanussi, Betunizer, Derrota, Jupiter Lion, Los Tracahombres ou Tucán? De verdade non vos contaron que Óscar (batería) ten unha espectacular colección de discos composta por -sen esaxerar- por máis dun millón de exemplares? De verdade que o ides perder? ¿ME ENTIENDES LO QUE TE QUIERO DECIR, MUCHACHOOOOOO?

https://www.bcoredisc.com/bandas/cuello
https://cuello.bandcamp.com/

De verdade que non sabes que son entre 5 e 8€ a vontade que van íntegramente para a banda?