14 octubre 2013

Cuello e Travesti Afgano no Liceo Mutante



Sábado 19 ás 20.30
Alguén dixo que de plegarse a península nun eixo de Irún a Gibraltar quedaría unha mestura perfecta entre dúas rexións de primeiro nivel de tolemia: a galega e a valenciana.

Non sabemos se foi mais forte a ruta do bakalao ou quince anos de pestilente fraguismo pero o resultado é moi similar: unha xuventude desequilibrada, vivaz e tersa como poucas capaz de enxendrar algúns dos monstruos sonoros mais inquedantes dos últimos tempos dunha España que aburre e bota para fora.

Temos aquí a dous exemplos rampantes, contantes e sonantes: Cuello e Travesti Afgano.

Os primeiros, dende Valencia, con vellos amigos da familia como Jose de Betunizer e Nick de Tucán, habitantes da noite, percorrintes eternos das sete autopistas do andergraún e, ante todo, pais de mil fillos musicais sen atisbar nin un chisco de lixo. Os Cuello sacuden e removen cús co seu punkpop altivo, enerxético, directo ó hipotálamo. Son únicos e teñen aquí moitos fans. E mais que van ter.

http://cuello.bandcamp.com/

https://www.facebook.com/pages/Cuello/125674510885496

Dende lugares indeterminados pero sempre á beira do mar que trae o bo da terra e o que non é da terra nin bo, os Travesti Afgano (Trompicallo, Cipricolas, Emeeneese e Cipuesco) xa pasaron por aquí e deixaron ben presente o seu cheiro a Mark Smith e a jerga callejera afgana, a Fabuloso Combo Espectro e todo o que cabe no seu infinito universo interior de caralladas. Todo míticos dentro desas catro denominacións, todo xente desa que non queres ter na casa invitada pero coa que queres topar nada mais baixar á rúa.

http://travestiafgano.bandcamp.com/

Dado que as bandas non chegan nun tubo de supermario senón que veñen parando polas gasolineiras, solicitan o teu donativo coa suxerencia de cinco paviques nesta ocasión, pero nada se és do clú mais molón, o clú mutante.

E lembra, «a puntualidade non é a única cualidade dos homes de alta catadura, pero se chegas tarde vas quedar sen licor café seguro», Manolo El Del Bombo despois de perderse o primeiro partido do mundial do 94.