14 marzo 2018

Cuello + Matadero Cinco



1779947_583847925024584_101817210_n
matadero

Sábado 17 de marzo ás 20.30: Cuello + Matadero Cinco

Os valencianos Cuello volven á carga co seu novo disco «Regalo Doble», outra demostración de cómo facer cancións rock punk abundantes en melodía e enerxía positiva. Jose (Betunizer, Jupiter Lion, Segunda Persona…) capitanea coa súa inimitable voz e guitarra este proxecto que xa vai polo seu cuarto disco, no que outra vez Nick (Tucán, Obleans, Flipping Colors) castiga un baixo que salta e ruxe, Óscar (Derrota, Zanussi, Tipex) reventa pratos e parches e Uba (Los Tracahombres) fai berrar á súa telecaster.

https://cuello.bandcamp.com/

Matadero Cinco son banda da casa mutante, Corbi e Facu estréanse con Jose ó baixo (Os tres militan tambén en Montclair) , para danzar xuntos arredor da fogueira do post-hardcore con personalidade e o ruido.

Coma sempre, donativo optativo entre 5 e 8 € para colaborar coas bandas, haberá comidiña vegan e todo o necesario para pasar unha noite para o recordo.

20.30 portas, 21.00 comezo dos concertos.