Sábado 26 de setembro ás 20.45: Cuello
Terceira visita ó Liceo da banda que lle faltou a Espanya nos noventa. Hai dous anos e medio sacaban o seu primeiro disco e veñen xa co terceiro, «Trae tu cara», quentiño. É unha locura. Non paran de compoñer, non paran de tocar e non paran de sacar discos. Tropa valenciana. Van a toda pastilla e os seus directos son unha boa mostra: Óscar, o batería (Zanussi, Derrota) sempre acaba pouco menos que en pelotas tirado polo chan, afogado pola súa propia tralla; Nick, o baixista (Tucán, Flipping Colors), brinca que parece unha culebra pendurada do teito; Ubaldo, o guitarrista, parece un tipo moi serio pero é moi majo e Jose, voz e guitarra (Betunizer, Jupiter Lion, Segunda Persona), parece que vai papar o micro. Intensidade e melodía, unha mistura que pode chegar a ser moi perigosa pero que Cuello manexan cunha puntería moi fina de dios.
A entrada ó concerto ten un custe de 5€ que irán destinados integramente ós músicos.
https://cuello.bandcamp.com/