23 mayo 2016

DAiKiRi



daikiri

Rapazada!

Hai un tempo, creo lembrar alá polo 2012, visitaron o Liceo Mutante uns cantos tolos franceses que ben parecían sacados da mítica aldea gala dos Astérix e Obélix. Foron días de moito ruido, bailes, mantras… como se beberamos todos da máxica poción vivimos unha comunión moi especial con bandas galas coma Fordamage, Marvin, Goudron… Pois ben, unha das visitas máis especiais que vivimos ese ano, e atreveríame a dicir en toda a historia do Liceo foron os Le Singe Blanc. E é aquí onde entramos en materia con Daikiri.

Daikiri son banda irmá e paralela dos míticos Le Singe Blanc, a fórmula base ven sendo a mesma, ritmos bailables, moita intensidade e volumen…como din eles, samba alternativa para cans de trineo, pero desta vez entregada en doses moi pequenas, temas de 1 minuto de media. Hai que estar rápidos.

https://daikiri.bandcamp.com/

Un martes para a lembranza por 4 euros de donativo para estes benditos galos.

Abrimos portas ás 20:00, esperámosvos!

Guardar