3 julio 2016

Dale Gorfinkel + Heddy Boubaker / Aviva Endean



boubaker

Luns 4 de xullo ás 20.15

Segue o verán a lucir no Liceo cunha programación que tenta traervos a este recunchiño das Rías Baixas as propostas máis interesantes, intrépidas e marabillosas que podemos.

Neste soleado luns visitarannos uns músicos moi especiais vidos de Australia e Francia cargados con instrumentos inventados, descacharrantes cacharros, clarinetes, baixos etc, para dar dous abraiantes e soprendentes concertos

Por un lado haberá un dúo formado polo músico australiano Dale Gorfinkel e o francés Heddy Boubaker. Dale Gorfinkel vén de Melbourne e vai empregar algo que é definido como interruptores e mangueira (rego de xardíns, bombas de pé e globos) !!!!!! mentres que Heddy Boubaker vén de Marsella e vaise facer cargo do baixo eléctrico nun sorprendete concerto dominado polo risco, a improvisación, a imaxinación e a creatividade

Polo outro lado teremos un concerto da clarinetista Aviva Endean tamén de Melbourne. Aviva busca ampliar a experiencia sonora mediante a creación de contextos inusuais, íntimos e comprometidos co espazo. Desafía as formas e os contextos estándar co fin de crear novas e inesperadas formas de relacionarse co seu traballo. A obra de Aviva abrangue dende os grupos de teatro de rúa á música de cámara, a improvisación libre ou performance interdisciplinar.

Home


http://heddy.boubaker.free.fr/

Home

Vén gozar,/abraiarte/divertirte/liberarte con nós por só 5 euros

Guardar