3 octubre 2016

dbh no Liceo Mutante



dbh

Mércores 5 de outubro ás 20.30

É para nós un grande pracer poder anunciar a visita de dbh ao noso recunchiño da ría

dbh é o acrónimo de Daniel Bridgwood-Hill, compositor, guitarrista e multi-instrumentista inglés.
Desde hai tempo, está implicado en gran parte da mellor música emerxente da escena de Manchester, xa sexa tocando a guitarra dirixindo o estimulante estrondo de NASDAQ and the FTSE 100, ou ben coas súas achegas tocando todo tipo de instrumentos iluminando a música de Charles Hayward (This Heat), Kiran Leonard e Irma Vep, por nomear algúns.

Como dbh, interpreta fermosas pezas instrumentais, transmitíndonos a súa paixón pola música folk e popular cun estilo elegante de tocar a guitarra e unha xoguetona experimentación. Polo momento publicou dous discos Mood en Thread Recordings (2015) e Time Flies en Crowfoot Records (2013) e apareceu no último volume das recompilacións de guitarra que fai o selo Tompkins Square, Imaginational Anthem Vol. 7.

dbh estivo tocando por todo Reino Unido e gran parte de Europa, compartindo escenario con artistas como Daniel Bachman, Isasa, Simon Joyner ou William Tyler e agora temos a sorte de telo no Liceo.


https://threadrecordings.bandcamp.com/album/mood

Axuda 5 euros

Guardar

Guardar

Guardar