31 marzo 2016

«Dentro é un lugar» do Colectivo Lampanada



lampanada

Venres 1 de abril ás 21.00

“Dentro é un lugar” é unha peza de teatro físico e de obxectos, sen o uso da palabra e musicalizada en vivo a partir de melodías de Ástor Piazzolla.
Un actor e unha clarinetista levan adiante unha serie de peripecias tendo como disparador o obxecto caixa de cartón e a música do bandoneonista e compositor arxentino.
A obra desenvólvese nun contexto fantástico no que os obxectos se resignifican deixando entrever varios universos.
Presentada dende unha perspectiva plástica e apoiada polo sonoro, o personaxe explora o seu entorno coma quen moldea a súa propia realidade.
Entrada 5 €