12 abril 2017

Descubriendo a Mr. Mime + Boneflower + Please Wait + Tano!



tano

Xoves 13 de abril ás 19.30: Descubrindo a Mr. Mime + Boneflower + Please Wait + Tano!

Temos tardiña de cus apretados e berros no Liceo Mutante. Nada menos que catro propostas en torno ao hardcore para facernos gozar da caña e a emoción, vidos ademais de todos os lados da península!

Os madrileños Descubriendo a Mr.Mime veñen de editar con Caleiah e outros catro selos o seu último split con Hurricäde. Escoita!
https://descubriendoamrmime.bandcamp.com/

Tamén dende Madrid, e un pouco máis lentos, un pouco máis intensos, os Boneflower presentan o seu último lanzamento: I’ll be the Bones, You’ll be the Soul.
https://boneflower.bandcamp.com/releases

Aos Please Wait xa os coñecemos por aquí. Saídos da canteira incombustible de Sant Feliu de Guíxols, son todo xuventude, himnos, posthardcore rápido e pegadizo. Os mesmos Caleiah ou La Agonía de Vivir son algúns dos implicados nesta aventura:
https://pleasewaitband.bandcamp.com/

Como sorpresa de última hora, os TANØ traen dende Girona o seu atipiquísimo estilo, coroado cunhas letras en catalán que son a rehostia!
https://tanoduo.bandcamp.com/releases

Non sei que máis queres por entre 5 e 8€ de donativo para que as bandas prosigan a súa busca na estrada. Vente!

Guardar