12 septiembre 2016

Desguace Beni +Rollercoaster Kills



db

Sábado 17 de setembro ás 20.15: Desguace Beni + Rollercoaster Kills

Tras o nome Desguace Beni atópanse os irmáns Peláez; “pelados” nunha chea de bandas como Moho, Reznik, Denak, R.O.B.O. e mil proxectos máis. E que fan? Lemos por aí: “ben, o seu non é rock, non é pop, non é blues, non é garage, non é surf, non é punk, non é hardcore, non é grunge. Pero a mellor chatarra en menor, a mellor chatarra triste, sempre a traen os irmáns Peláez: Temas instrumentais curtos e vibrantes, correosos, densos, pantanosos, tocados con convicción, cun gran sentimento lo-fi e toda a compenetración e a coraxe sobre as táboas que lles cabe nos mismísimos instrumentos. Ou o que é o mesmo: nunha guitarra e nunha batería. E non é pouca cousa.”
https://desguacebeni.bandcamp.com/

Rollercoaster Kills é un power trío madrileño-pontevedrés que combina elegantemente a contundencia na pegada rítmica cunha potencia melódica exquisita. Mantén o punto de mira nas bandas de selos americanos como SST ou Dischord, onde conviven a filosofía DIY e o punk menos encorsetado que lles emparenta con bandas como Hüsker Dü, Mission of Burma, Rites of Spring, Wipers,Dinosaur Jr. ou os primeiros Wire.
https://rollercoasterkills.bandcamp.com/

Todo isto por só 5 euros

Guardar