Mércores 17 de outubro ás 21:00
No segundo día da primeira edición do Días Rariños Fest…
Recén chegadas de gravar o seu novo disco co celebérrimo Steve Albini, a banda formada integramente por mulleres Candelilla ven presentar as súas últimas e brillantes creacións en directo. As de Munich facturan unha música nutrida dun post-punk tipo Sonic Youth ben mollado dunha rabia cruda con máis dun pé no riot grrrrl.
Botádelle unha oída e quedade prendados!:
http://www.candelilla.de/
http://www.youtube.com/watch?v=0CSeMz85djI&feature=plcp
http://www.youtube.com/watch?v=qj43saXKVIA
http://www.youtube.com/watch?v=P5ILBU7rnuE
OM Redux é a miniaturización da Orquesta Metamovida, improvisación conducida neste caso co desafío de reducir drasticamente o seu número de compoñentes
Todo isto por un prezo simbólico de 4 euros que coma sabedes van destinados integramente para as bandas, así que ven a apoiar a música en directo se queres que continúe existindo!