5 diciembre 2017

DobleCapa e diola



adoblecapa
adiola

Xoves 7 de decembro ás 20.30
Volvemos xuntar a estes dous elementos bailongos e cañeiros da táboa periódica.

Dende Madrid voltan DobleCapa, agora presentando o seu primeiro álbum Suave con la Canoa (Aloud, 2017). Stoner-rock matemático e guasón, salvaxe e, por que non, belo como un atardecer tintado de vermello na Ría de Pontevedra.
Escoita e flipa! https://doblecapa.bandcamp.com/

Repiten tándem cos locais diola, todo suor e amor, para que lo bailes, que veñen a re-apresentar o seu debut homónimo (Bcore, 2017). Unha festa ben coitadiña.
https://diola.bandcamp.com/album/diola

Un partido onde todos gañan e despois van xuntos a tomar a chiquita, na túa pista de pádel favorita, o Liceo Mutante – Rosalía de Castro, 100 – por entre 5 e 8€ para as artistas.