Venres 22 de maio ás 20.00: Estrambote + Dois
DOIS (Vigo):
Que complexo foi pecharlles unha data, pero xa os temos aquí. Melodías pop, 4 acordes, voces e moita reverb garaxeira. Gústanos moito Dois, son todo riquiños, pertencen á Seara Records e están formados por xente de Puma Pumku ou Mvnich.
Escóitaos aquí: https://doisdois.bandcamp.com/releases
ESTRAMBOTE (Vigo):
Cantos míticos jichos de Vigo hai aquí metidos. Abel, Nico, Jose e Fredo danlle forma a Estrambote, unha banda que xunta o mellor da “nova onda”, os sintes e o lo-fi. Soa moi ben así escrito, pero en directo molan máis. “Solo quería una cosa / Solo quería ir de guay” e moitos máis coros serán os protagonistas da noite do venres.
Escóitaos aquí: http://discosdekirlian.bandcamp.com/album/dk17-estrambote-ep
Ou aquí: https://estrambote.bandcamp.com/album/estrambote
Todo por 5€ (íntegros para as bandas). Comida feita por Fan, bebida rica e fresquiña, atardecer gratuíto e un sorriso infantil.
Apertura de portas: 20:00h
O Liceo Mutante resiste na rúa Rosalía de Castro nº100 no barrio de Mollabao en Pontevedra
Máis información: http://www.liceomutante.com/ ou ben http://www.facebook.com/LiceoMutante
Saúde!
Se queres darte de baixa desta listaxe de correo non tes máis que mandar un correo de volta co asunto: Dar de baixa