21 febrero 2017

Dois + Puma Pumku



dois

Venres 24 ás 20.30: Dois + Puma Pumku

Dois son a resposta galega para ¿Cuántosh? Os tres vigueses, mozos pero experimentados, veñen de grabar o seu primeiro álbum, Está Bien, editado por Orphan Records e Discos de Kirlian, unha xoia ben feitiña de pop irracional, pegadeiro e profundo. Non é tan facil de ver esta elegancia, este porte, nunha formación tan nova, e queremos canturrear en directo esta mestura perfecta de inxenuidade e talento.
Aquí podes escoitar o seu primeiro álbum: https://discosdekirlian.bandcamp.com/album/dk42-est-bien

A Puma Pumku xa os deberías coñecer: deixaron a todo o mundo abraiado co seu Is It In You? de 2014. Psicodelia ben traída, clase e moito hit, nun álbum que agora ten pinta de ter continuidade. Polo momento os de Santiago collen a súa furgo feita un cristo para facer algunhas datas e pasarán por aquí, igual con material novo? Iso agardamos!
Escoita: https://pumapumku.bandcamp.com/

Estas «joyitas» por entre 5 e 8€, un mundo por unhas moedas. Vente. Goza.

Guardar

Guardar