XOVES 5 DE SETEMBRO ÁS 20.30
Tras o alcume de Don the Tiger agóchase Adrián de Alfonso, un dos músicos máis activos e inquedos do subsolo musical barcelonés dende hai máis dunha década. A súa presenza destaca non só á fronte de bandas como Bèstia Ferida, Veracruz, Capitán e Homenatges, senón tamén acompañando ou
improvisando xunto a Lydia Lunch, Mark Cunningham ou Weasel Walter.
A mediados do 2011 de Alfonso trasladouse a Berlín, onde encontrou a enerxía e o espazo suficiente para gravar «Varadero», o primeiro álbum como Don the Tiger tras 15 anos de experimentos con cintas. «Varadero» rebaixa os instintos asasinos do primeiro tigre (ao que lle obsesionaba o ruído e a furia de Esplendor Geométrico, Scorn e Keiji Haino) para internarse en terreos máis melódicos e emocionantes.
As nove baladas e medios tempos que conforman o disco (dez na edición vinilo), aínda soando tan desesperadas como o vello blues e tan ameazantes como o resollo dun animal ferido, acaban rendéndose ao vaivén do tango, o bolero ou a canción tradicional portuaria. Difícil de imaxinar como de Alfonso conseguiu unha atmosfera tan sensual partindo case exclusivamente de mostras gravadas na adolescencia, ritmos rotos feitos coa boca, arranxos de feedback e golpes na parede.
Os primeiros Bad Seeds, This Heat, Matt Elliott, Eden Ahbez, Eyeless In Gaza, Tricky, Cocteau Twins, Tuxedomoon, Swans, Akauzazte, Gallon Drunk, Tom Waits, Suicide… O ADN de Don the Tiger está regulado por todos eses nomes, se ben a súa música apunta en direccións que pouco ou nada ten que ver con eles.
http://www.vara-dero.com/
David Gómez «Krapoola» é un dos personaxes clave para entender o subsolo madrileño da primeira década deste século. O seu entusiasta e intenso labor exerceu de elemento aglutinador para un dos períodos máis buliciosos da música subterránea do estado. David estendeu os seus tentáculos en múltiples direccións: dende a súa propia produción artística, ata a pioneira edición de traballos a través do seu selo Grandmoff Works; pasando polo seu desempeño como pinchadiscos sui generis ou á organización de concertos e actividades de distinta pelaxe. Actualmente afincado en Berlín, Krapoola é un personaxe idiosincrático e escorregadizo, cuxa proposta está a cabalo do accionismo vienés, as estéticas ruidistas e as instalacións sonoras.
Krapoola tocou ou colaboroucon xente como Pan Sonic, Mattin, Sky Saxon, Wolf Eyes, Volcano the Bear, Zbigniew Karkowski, Josef Van Wissem, Zs, To Live and Savein L.A, Felix Kubin, Spectrum, Justice Yeldham, Zan Hoffman, Nautical Almanac, SilverApples, Earth, The Skaters, Acid Mothers Temple, Axolotl, Justo Bagüeste ou LCDD,entre outros
Todo este espectáculo por unha axuda 4$