25 marzo 2019

Don The Tiger + RRA



adrián

Venres 29 de marzo ás 20.30

Tremendo da emoción estamos, oiga

Don The Tiger e RRA voltan ao Liceo nunha noite que se antolla xa inesquecible

Tras Don The Tiger agóchase Adrián de Alfonso, músico elegante e inquedo, ubicuo e incansábel axitador musical membro de Veracruz. Homenatges, Bestia Ferida ou Capitán e colaborador de Weasel Walter, Lydia Lunch, Carla Bozulich ou Robert Foster.
Como Don the Tiger vén presentar o seu marabilloso novo disco: Matanzas, editado por Crammed Discs
Mergullámonos no extraordinario mundo de Matanzas: liderado pola profunda e expresiva voz, descubriremos como o bolero cubano pode colisionar sen problemas coas técnicas experimentais de gravación, como o espírito das procesións andaluzas poden coexistir coa música dos videxogos e como a sardana catalá pode transformarse nunha variedade cubista de musica ambient. Tamén toparemos con tiburóns asasinos, relacións condenadas, loros e piratas, e ata cun pescador do desaparecido Mar de Aral.
Tras mudarse a Berlín, Don The Tiger agora inspírase en todo o que bota de menos nesa cidade, xa sexa rumba, Música Popular Braslieira, fantasía barroca, guabina, flamenco ou os marabillosos discos do selo Fania , e mestúrao con música concreta e elaboradas técnicas de sampling, entregando todo nunha forma que se debe máis ao rock’n’roll primitivo que a calquera outra cousa.

Descrito por Don The Tiger como «unha inmersión na exuberancia melódica logo de anos de facer música experimental», Matanzas é o seu segundo álbum. Foi mesturado e producido coa axuda da venerada experimentalista colombiana Lucrecia Dalt.
https://donthetiger.bandcamp.com/album/matanzas

RRA é o proxecto persoal de Marcos Flórez ( La Débil) que xa deixou fonda pegada aquí como cineasta e membro de Gran Gran
Deixemos que sexa Don The Tiger quen nos fale da música de Marcos:
«Hai un certo tipo de música, árida e á vez carnosa, que uno non pode por máis que estrañar. Falo daquelas cancións coa rarísima capacidade de adherirse ás costelas e aguilloarnos a alma. Daquelas letras que máis que contarnos algo, inclúeno e o condensan, conseguindo exactamente o que moitos botamos de menos: que cada día que pasa podamos recoñecernos nelas. Cancionero, de RRA, ademais de sobordar todas esas calidades, é un disco de rock insólito, xa que crece en paralelo ao novo seo familiar e non a pé de rúa, algo que lle sobra a Marcos, a quen moitos recordaredes abrasando escenarios con La Débil. Estas cancións sacódennos como o faría unha descarga eléctrica, pero optan por sucederse como a respiración, necesarias, sen que apenas as notemos. A Marcos coñecino demasiado tarde, xusto cando cruzaba os Pirineos para empezar unha mellor vida. Se todo iso non pasase, non sé que demos sería de min, pero o que é seguro é que agora mesmo estaría nalgún desvencellado local ensaiando este Cancionero xunto a el»

https://mascarponediscos.bandcamp.com/album/cancionero

Vén emocionarte con nós por unha axudiña para os músicos entre 5 e 10€