17 octubre 2017

Don Vito + LCDP + Bugs and Rats



adon
alcdp
abugs

Venres 20 ás 20.00

don vito!!! Volven!!! Están aquí de novo!!! A pandilla xermánica de fogueteiros máis botaporfora do DIY europeo volve pasar polo Liceo para tirar abaixo todos os muros físicos e mentais. Estarán a presentar os seus últimos movementos (o seu III late fresquiño) e eternos movementos. Un dansing bestial.

https://donvito.bandcamp.com/

Veñen acompañados polos italianos La Confraternita del Purgatorio, megahardcore tolo e desfasado. Unha maquinaria a medio ensamblar que non ten botón de parada.

https://laconfraternitadelpurgatorio.bandcamp.com/

Completan a tripla tola os estadounidenses Bugs and Rats, un selecto clube de punk que fará as delicias dos rumpe-pescozos. Uns Dead Kennedys ou uns Nirvana pasados de voltas e tamizados polo filtro do delay e o mar de son. Future punk!!!
https://bugsandrats.bandcamp.com/

Horarios:
Apertura de portas: 20.00
Inicio dos concertos: 20.30
Remate dos concertos: 22.30

Noite épica, brillante e demoledora por só unha axudiña de entre 5 e 8 € para que @s músic@s podan seguir o seu camiño