Xoves 16 ás 20:30
O Liceo preparou para este xoves un menú de tres platos:
– Dios Pentágono, formación mutante (nunca mellor dito) adicada a improvisación, non sabemos que alineación traerán esta vez, mais seguro que hai unhas cantas sorpresas
– 23 Red Ants, debut no Liceo desta formación de luxo adicada tamén a improvisación. É un organismo bicéfalo e polimórfico nacido das mentes de dous saboteadores do son: Macarena Montesinos e Niet F-N. A primeira, membro da Orquestra Omega e de Suelen Estar Quartet, o segundo, artist
http://soundcloud.com/23redants
– Drive West Today ven de Tasmania! DWT é Joshua Santospirito, cuxa guitarra coverteuse rapidamente nun dos instrumentos máis imprevisibles do país: ás veces unha arma para ser temida, noutros tempos unha deliciosa pluma que pica as orellas. Situado algo incomodamente nalgures entre a arte sonora e o jazz, Santospirito leva anos desenvovendo o seu propio estilo, sempre evoluíndo. Nesta ocasión visítanos dentro da súa xira Acousmatic Ecology Tour
DWT tamén foi un proxecto colaborador co paso dos anos, incluíndo músicos: Jnine Stanton (Alice Springs) e Nadine Kessler (como parte de Silberhörnli de Hobart) así como artistas visuais como – Christopher Downes (Tasmania), Mimi Leung (Hong Kong), e Anthony Magen (como parte de MONA FOMA 2010).
Orixinarimente de Melbourne, Santospirito consumiu moita da súa vida de vida adulta en diversos desertos e cidades de Australia pero está agora baseado permanentemente en Hobart, Tasmania, dende onde el planea dominación mundial.
http://drivewesttoday.bandcamp.com/