Mércores 17 de febreiro á 20.30
Dende Lisboa chegan de novo ao Liceo os nosos infames amigos de dUASsEMIcOLCHEIASiNVERTIDAS nunha das súas múltiples xiras pola xeografía europea.
Incansables activistas do DIY e axitadores do subsolo lisboeta a través da súa Associação Terapêutica do Ruído, DSCI posúen unha formación sempre cambiante pola que pasaron innumerables músicos e colaboradores, nesta ocasión aliñan guitarra, baixo, contrabaixo e batería para descargar a súa mistura de punk rock, free jazz, improvisación e o rock máis ruidoso.
http://duassemicolcheiasinvertidas.bandcamp.com/releases
4 euros de donativo para que os amigos lisboetas podan continuír o seu camiño
