18 febrero 2015

El Monstruo + Mighty Woola Stabbers



10991097_780071818735526_984128492799766909_n

Diola bendita!
Este sábado 21 vaise montar a de Cristo!
Punk n´roll garaxeiro, enerxético e bailongo para despedir o entroido!
Os vosos corpiños de ratas peludas vanse retorcer polo chan!
Rachemos as camisas, contra!

EL MONSTRUO (non confundir cos ourensáns e tamén amigos Monstruo):
Son un dúo de batería-guitarra da Coruña e fan un punk moi rockandrolleiro, moi directo, cunhas melodías moi molonas e unhas voces ben agudas desas que se meten polo oído para cravarse ben fondas no cerebro (ou no que teña cadaquén aí dentro). Aparte de todo isto, teñen un directo moi intenso de Dios, como puidemos comprobar algúns de nós no concertazo que se marcaron no VRAÓ hai uns meses. Dádelle unha escoita ós temas que gravaron co sempre fiable Roberto Mallo (El Hombre Medicina é un temón incrible!):
https://elmonstruo.bandcamp.com/releases
E mirade como as gastan en directo:

MIGHTY WOOLA STABBERS:
Aínda que de procedencias diversas (hai ata un marinense nas súas filas), os Stabbers teñen o seu campamento base en Madrid, onde forman parte dunha remesa moi interesante de novas bandas que seguro han dar moito que falar. Traen con eles o seu xoguetón surf garaxeiro, con esa suciedade propia dos Saicos ou de Wau y los Arrrghs!!!, para que sacudamos as cadeiras ata quedar nos ósos.
https://mightywoolastabbers.bandcamp.com/

A entrada custa 5€, donativo que, coma sempre, irá integramente destinado ás bandas.

Por certo, non poñades o Dépor-Celta como excusa para non vir; davos tempo de sobra para mirar o concerto e marchar, pitando, iso sí, a onde sexa que o vaiades mirar.