12 julio 2021

Enrique del Castillo presenta Umbráfono



Umbrafono

Venres 16 de xullo ás 20.00

Imos de volta para o xardín cun proxecto ben especial, o Umbráfono de Enrique del Castillo.
De que vai o asunto?
Umbráfono é un proxecto de Enrique del Castillo. Un concerto con lectores ópticos capaces de transformar en son os estímulos luminosos que se proxectan sobre unha célula fotosensible.
Estes estímulos luminosos son xerados por un feixe de luz ao pasar a través de películas de celuloide.
As películas están deseñadas a partir dun esquema de relación entre frecuencia de onda das notas e repetición de formas xeométricas, de xeito que se poidan conseguir sons harmónicos, ruídos, texturas sonoras e atmosferas.
Bota un ollo e un oído:

https://www.youtube.com/watch?v=k7Kkag1KE2E…
O aforo é limitado, se queres asegurar un oco manda un correo a: anticipadas.liceomutante@gmail.com
Queremos que o Liceo sexa un espazo seguro para todas polo que vos pedimos a vosa colaboración e o respecto a todas as medidas sanitarias pertinentes.

Pedirase unha axuda entre 5 e 10 destinada integramente ao músico.