Venres 6 de novembro ás 20.15
EQUATIONS volven facer parada en Pontevedra dentro dunha minixira galaica.
Hai un tempo, estes rapaces portugueses gustaban de saír de festa, escoitar screamo e de comer bifanas. Co seu primeiro disco “Frozen Caravels” namoráronos. Moito grito pelado, moito movemento de cabeza e moita enerxía (Running with scissors ♥)! Dende fai uns anos, os neniños medraron: deixaron crecer o bigote, estudaron os vinilos dos seus pais e fuman pitillos. De aí ese cambio co seu último disco! “Hightower” afástase dese pasado “teenager” e fúndese nunha nova era de cosmos e riffs progresivos coa mirada posta no pasado e no futuro. A súa mistura de sons é incomparable e son gañadores do MELLOR RIFF DO ROCK PORTUGUÉS 2015.
Math rock dos 70 feito na actualidade e garantía Lovers&Lollypops, que máis queres?
Escoita “Hightower”: https://equations.bandcamp.com/album/hightower
Videoclip de Echoing Green: https://www.youtube.com/watch?v=O82nN189WNU
Saen na televisión: https://www.youtube.com/watch?v=HQUGhSnPZHA
Ven a pasar a tarde-noite con nós por só 5 euriños que irán íntegros para o bote dos portus, que alí a gasofa anda moi cara! Ademais de tódalas viandas de sempre, desta vez teremos estufiñas novas así que o frío non será escusa barata!