8 julio 2013

Ernesto Rodrigues, Bertrand Gauguet e Ricardo Guerreiro no Liceo Mutante!



Nesta festiva xornada de xoves temos unha alineación espectacular de improvisadores pertencentes á primeira liña europea: o francés Bertrand Gauguet xúntase cos portugueses Ernesto Rodrigues e Ricardo Guerreiro nun trío case que inédito.

Bertrand Gauguet (saxo) un dos músicos máis interesantes e activos da actualidade, visita a península para unha pequena serie de concertos con este trío, que ten inicio en Galicia e pasa polo Porto antes do concerto final no Panteón Nacional en Lisboa. O seu achegamento ao saxo está enfocado cara a investigación nas areas técnicas do instrumento, ben acústico, ben amplificado. Algúns dos seus principais colaboradores: John Butcher, Michel Doneda, Lê Quan Ninh, Isabelle Duthoit ou Toshimaru Nakamura.

http://www.bertrandgauguet.com/

Ernesto Rodrigues (violín/viola) é un dos grandes nomes da improvisación electroacústica. A súa práctica privilexia o imprevisible a partir do encontro creativo con outros músicos nos máis diversos contextos. Ao longo dos deus 30 anos de carreira traballou con infnidade de músicos procedentesde todos os ámbitos, por exemplo: Rhodri Davies, Eugene Chadbourne, Mazen Kerbaj ou Arrington de Dionyso .
A relación cos seus instrumentas focalízase nos elementos sónicos e as texturas así como no emprego de técnicas extendidas. A música electrónica foi unha influencia temperá no seu achegamento ao violín, que cuestiona os conceptos románticos e tradicionais a través do uso de preparacións (no sentido de Cage) e microafinacións. Fundou e dirixe a Variable Geometry Orchestra dende o ano 2000. O seu extenso traballo está sobre todo documentado en Creative Sources, editora que inicou en 2001 e que é hoxe unha das máis relevantes do panorama internacional.

http://www.creativesourcesrec.com/artists/e_rodrigues.html

Ricardo Guerreiro (computador) colaborou regularmente con Ernesto Rodrigues ao longo dos últimos anos sexa en grupos como IKB ou en formacións máis reducidas ao lado de nomes como Axel Dörner ou Radu Malfatti. Traballa no desenvolvemento de porcesos informáticos interactivos para a interpretación e composición da música. O seu traballo implica a articulación da composición musical e os paradigmas da improvisación, a través da programación interactiva, principalmente na interpretación da música elctroacústica colaborativa.

http://ricardoguerreiro.net/

Só por catro euros de axuda para cubrir os gastos dos músicos!