21 enero 2019

Es un árbol e Voltaica



esun

Sábado 26 de xaneiro ás 20.30

O sábado 26 temos boas novas e malas novas: As malas, Es Un Árbol despídense. As boas, virán polo Liceo para botar unhas últimas risas e uns últimos bailes acompañados de Voltaica! Démoslles amor!!

Es Un Árbol, mítica banda das risas máximas, xa moi coñecidos entre nós e participantes noutros queridos proxectos como Cró!, Peña ou Trilitrate. Saben moi ben o que fan, pensas que son todo risas pero non, multitímbrica, poliestilística…formación inclasificable (ás veces baixo o apelido de rock absurdo) que é capaz de misturar polkas, tangos, paixoliñas e todo o que poidas imaxinar. E moitas risas, non hai que mentir.
E como era de esperar, unha discografía que encheu moitos momentos de risas e desfrutes, que vai dende “El Anterior Disco de Es Un Árbol”, pasando por “La Buena Nueva”, e chegando ata o seu último “En El Parlamento”, no cal podemos atopar letras que fan un percorrido polas problemáticas do Corte Inglés, das patentes de Monsanto ou mesmo da historia da Rusia contemporánea, pero todo isto dunha forma fácil de entender, como un capítulo de Barrio Sésamo pero con máis risotada.

Escoita estas marabillas coas que nos levan brindando todos estes anos!:
https://esunarbol.bandcamp.com/album/en-el-parlamento

Voltaica veñen dende Vigo para deixarnos atónitos co seu punk-noise, directo á túa cara, enerxía pura, voces melódicas nunha marea de ruido e elevación do espírito, xogos de sintetizadores, moito fuzz e contundencia rítmica, prerpárate para os dancings!

Ademáis acaban de sacar o seu primeiro traballo, homónimo, escoita esta marabilla!:
https://voltaica.bandcamp.com

Ver a estas dúas bandazas para bailar e poder darlles un abrazo de despedida a Es Un Árbol non ten prezo, pero coma sempre, pediremos un donativo íntegro para as bandas de entre 5 e 10 euros, para que poidan chegar ata a fin do mundo! Vémonos en Rosalía de Castro, nº 100!
Cartaz por Zacarias Abad!