23 mayo 2017

Es un Arbol + Mounqup



eua

Venres 26 de maio ás 20.30: Es un Árbol + Mounqup

Guerra de freestyles no Liceo Mutante. Dúas propostas da marxe da marxe, tope de calidade.

Dende Vigo volven despois de moito tempo sen pasar polo Liceo os Es Un Árbol, multitímbrica, poliestilística e eterna formación inclasificable. Facía xa tempo que non nos viñan visitar a botar unhas polkas, uns tangos, unhas panxoliñas e todo o demais. O seu En El Parlamento, última obra, é o punto máis álxido da civilización (probablemente).
https://esunarbol.bandcamp.com/

Mounqup, sobrenome artístico de Camille Hedouin, francesa afincada en Saumede, debuta no Liceo despois de varios anos paseando o seu estilazo vocal, calidade, simpatía e afán por facerche bailar por todos os puntos de encontro da música interesante do país, e ven presentar o que será tamén o seu debut discográfico.

Dúas estrelas que relucen en difentes lonxitudes de onda, só para ti, unicamente solicitando entre 5 e 8€ para o asfalto. Que menos!