23 mayo 2012

Es Un Arbol no Liceo!



Xoves 24 de maio ás 21:30
Es un Arbol é o sorriso dun neno pedindo un xeado na soleada Lanzada un día de agosto, respectando as dúas horas de dixestión
Es un Arbol é a arte pura, o canto dos paxaros feito canción, e as pinceladas dun pintor dándolle brochazos ao ceo nunha tarde de primavera.
Es un Arbol son de pura cepa, lume e ouro, clase e humor, estima e senvergoncería, o que os programadores de RTVE poñerían na Primeira na noite de Fin de Ano despois das badaladas se Ramón García non os obrigase a facer unha gala.
Es un Arbol están presentando o seu novo álbum, La Buena Nueva, veñen baixo o amparo do Metamovida, son máis bos que a crema de zapatos e o suavizante xuntos.
Es un Arbol, nun concerto integramente en directo para ti no paraíso terreal sen valos de publicidade, por só catro moedas aínda vixentes na Grecia que che adorna.
Es un Arbol son coñecidos por empezar sempre puntuais e tocar cancións só ao principio dos seus concertos, nunca ao final, así que sede bos e chegade a tempo.
http://www.esunarbol.com/