Luns 12 de xuño ás 20.30
Escape-Ism é o último invento en solitario de Ian Svenonius, artista estadounidense ao frente de agrupacións tan míticas coma The Make-Up, Nation Of Ulysses, Chain & The Gang, XYZ ou Weird War e tamén autor dos libros «Estratexias sobrenaturais para montar un grupo de rock», «O psíquico soviético» ou «Censura agora!!!»
Con Escape-Ism o Ian propón un achegamento diferente ao rock baseado na voz, guitarra, caixas de ritmos e fuzz, unha pureza de forma moi lonxe do concepto típico de banda.
I’m a Lover (at Close Range): https://www.youtube.com/watch?v=vI7XTSKSqVw
Dende Lisboa, ven Rita Braga. Ela é a xefa do ukelele da voz de terciopelo que mistura estilos sen medo con un acabado resplandecente. Combinando o folk de medio mundo coa intención lounge de moitos temas, estamos seguros de que vai refrescar e sorprender á mutantería.
https://ritabraga.bandcamp.com/
Estarán acompañando os locais Nova Orquesta Mollabao. Formada por xentiña de Holky, Urro ou Cuchillo de Fuego a N.O.M. é unha batidora guiada pola enerxía primitiva mutante.
Ti mandas, aporta entre 5 e 8 euros de donativo, haberá alimento sólido e líquido ós prezos de sempre no que promete ser unha noite para recordar no Liceo!