8 junio 2012

Esperit! no Liceo Mutante



Esperit! é a manifestación do multicolor interior de Mau Boada, músico multiinstrumentista metade dos Les Aus, batería en Zeidun, baixista en La Célula Durmiente, guitarrista en Omega Cinco entre moitos outros proxectos. En Esperit!, Mau emprende a súa viaxe máis persoal, convertíndose nun home orquesta que transita pola superficie do folk psicodélico, a canción tradicional e a rareza xeralizada.

O 11 de xuño estaranos visitando no Liceo na súa viaxe de volta dende o Primavera Sound de Oporto, presentando o seu novo traballo «Endavant Continu», que podedes escoitar no spotify:

Vídeos e máis:

http://waaau.tv/video/directo/esperit-palacaguina

http://waaau.tv/video/videoclip/esperit-reno-nevada

http://www.bankrobber.net/web2/ca/esperit

Por 3 € que coma sempre van directos para os artistas, terás unha velada impagable no Liceo, na que poderás disfrutar da bebida e comida a prezos de risa ademáis dun conciertazo para comezar a semana con bó pé.

O grandioso cartaz é do non menos grandioso Berto Fojo: bertofojo.blogspot.com