Xoves 3 de xaneiro ás 20.30
Comezamos o ano en Mollabao da mellor das formas posibles, cunha xuntanza dalgúns dos mellores músicos do país para improvisar a esgalla e poñernos do revés.
Deixemos que nolo conten eles:
«As HALO son sesións semanais de improvisación que levan producíndose dende hai 4 anos en Vigo (principalmente) e resto de Galicia, sen a axuda nin memes de Abel Knight ou familiares.
Para comezar o ano realizan un concerto xuntanza ritual no que aparecen moitos exiliados, intrumentos raros, historias, direccións, minipezas, orquestras, familias, cariños, gatetes, monetes e moitos dos mellores músicos da vida.
Colaboran músicos de:
OmeGa, Orquesta Metamovida, Filo, Napal, Trilitrate, Igmig, Manos de Topo, Cró!, Modulador de ondas, Fritanga, 23RedAnts, Tripo, Crebinsky, SuelenEstarQuartet, Es un Arbol, Cuarteto Caramuxo, Castromilf, Resonet, Rojo Dos, Pérez, NÖÏZ, Crebinsky, Electra …
—O CONCERTO XA COMEZOU—»
Pedírase unha axuda entre 5 e 10 € destinada íntegramente aos músicos