19 marzo 2018

Evamuss + LPACLOS



christian-galarreta

Sábado 24 de marzo ás 20.30

Baixo o nome de Evamuss agóchase o peruano Christian Galarreta que xa nos alucinou co seu proxecto Sajjra no 2016. Nesta ocasión deixa de lado a guitarra e as cancións para reactivar este proxecto que sacudiu o undergound limeño a comezos do milenio. O seu arsenal está formado por amplis caseiros, osciladores, pedais de guitarra, teclados de xoguete e todo tipo de software modificado e hackeado. Erro e non funcionalidade. Unha xungla analóxica, cálida e húmida.
http://sajjra.net/

La peña ahí con los oídos sangrando
«Xorde na Facultade de Belas Artes de Pontevedra como grupo de improvisación e experimentación sonora coa intención, tamén, de colaborar con outras disciplinas (arte, moda, audiovisual)
É improvisación no seu mais amplo significado. Liberdade absoluta. Mesturamos instrumentos convencionais, con elementos de refugallo, electrónica e o que se poña no camiño que faga ruido.
Somos: Nico Ben, Adrian Garcia e Jaime van Bergen. »

Todo isto por unha axuda de entre 5 e 8 e destinada integramente aos músicos