Xoves 19 de maio ás 20.30
Non sabemos se algunha vez víchedes un concerto dun dúo de acordeón e saxo soprano pero podemos asegurarvos que este vai ser marabilloso e vos vai deixar coa boca aberta.
Neste proxecto do acordeonista suízo Jonas Kocher e o saxofonista grego Ilan Manouach expanden até o límite as posibilidades dos seus intrumentos nun achegamento ecléctico á improvisación que vai máis de alá de calquera estilo coñecido e que cuestiona no mesmo momento as propias prácticas sacralizadas da improvisación libre.
Trátase dunha música elástica, chea de contrastes e matices cunha grande forza e enerxía ao tempo que presta unha gran atención as texturas sonoras e a exploración tímbrica. Planos verticais vs terreos horizontais, explosións repentinas vs drones, cascadas de sons vs notas do pedal.
Jonas Kocher é un acordeonista e compositor suizo que colabora regularmente com Sudden Infant, Axel Dorner, Alfredo Costa Monteiro ou Michel Doneda.
Ilian Manouach é um artista multidisciplinar con sede en Atenas cun interesse específico na banda deseñada conceptual,na edición de libros, na música improvisada e no apropiiacionismo e collage
Ademais nesta noitiña no Liceo, Ilan vai presentar tamén o seu último traballo gráfico: Harvested ,editado no estado por Ediciones Valientes, baseado en contido encontrado, nunha selección arbitraria de filmes para adultos.
http://www.jonaskocher.net/
http://bruit-asso.bandcamp.com/album/skeleton-drafts
http://edicionesvalientes.tictail.com/product/harvested-ilan-manouach
Pedirase unha axuda de só catro euros destinada integramente aos músicos
(Para a realización deste proxecto contan coa axuda da comisión de artes do goberno suízo e do cantón de Berna)