1 octubre 2018

Exposición Kero Zine Tour – Zines of the Zone



1
2
3

Do xoves 4 ao sábado 6 de outubro a partir das 18.00

ZINES OF THE ZONE é unha exposición itinerante fanzines e libros de fotografía autoeditados.
É un proxecto sen ánimo de lucro que xorde en Francia e que leva dende 2014 visitando os rincóns máis variopintos de Europa co obxectivo de coñecer artistas locais, organizar exposicións de libros e zines e para compartir a filosofía do Faino Ti Mesmo a través de distintas instalacións e eventos.

«A nosa intención é a de construir una colección pública de zines de xeito que todo o mundo teña acceso a estas publicacións aínda que estean esgotadas. Queremos darlle visibilidade a estes obxectos, poñelos ó alcance da calquera e, nese senso, romper coa dinámica tradicional do mercado da arte. Pretendemos ofrecer un xeito de transmisión que, a diferencia das plataformas virtuais, se interese polas cualidades físicas dos libros. Non nos gustan as fronteiras, de aí a nosa vontade nómade, inspirada nas peripecias vitais dos artistas de circo, os viaxeiros do techno, os poetas da Xeración Beat e os pobo xitano.
Viaxamos en furgoneta e organizamos pequenas xiras para amosar e coleccionar publicacións. A nosa colección comezou cunha gran xira europea en 2014 (organizamos arredor de 70 eventos en 30 países, coñecendo editores locais e tratando de profundizar no noso coñecemento da escea da autoedición en Europa). A nosa colección é absolutamente única no sentido de que é o reflexo de toda a xente que coñecimos e os lugares que visitamos. Como consideramos que as historias arredor dos libros son tan interesantes como as dos mesmos libros, gústanos estar presentes nas exposicións e falar cos visitantes. Por favor, non teñas reparos e ven parolar un rato connosco.

CONTRIBÚE Á COLECCIÓN
Se queres tomar parte no noso proxecto, síntete libre para nos contactar ou nos enviar os teus libros e pasar a formar parte da nosa expo itinerante.

Vémonos no Liceo!»

http://zinesofthezone.net/

http://zinesofthezone.tumblr.com/

A entrada á exposición é totalmente gratuita