Este venres visítanos unha das bandas máis especiais do planeta. Así o testifican os que puideron asistir ás exhibicións de Extinción de los Insectos. Un bis a bis de intensidade e clase. Con Jose de Atomizador (ex-A Room With A View, Ensaladilla Rusa, Campamento Ñec Ñec…) sentado á guitarra e escupindo a súa intensa reinterpretación de tódolos cánones da música moderna, cun frenético soporte de batería espasmódica e multidireccional a cargo do inimitable Miguel (Mushitcians, Ensaladilla Rusa, Campamento Ñec Ñec…), son o artefacto punk definitivo. Poderiamos estar ante unha das súas derradeiras aparicións. Xa o avisan eles mesmos: «Al más puro estilo Afeite Al Perro, a punto de cerrar etapa y repertorio. ¡Si no los has visto en directo y luego pasa lo que pasa no te quejes!»
http://www.youtube.com/watch?v=xoLWSiFT3nw
http://chingastelaconfianza.bandcamp.com/album/extinci-n-de-los-insectos
http://afeitealperro.blogspot.com.es/
Con eles e dende o Liceo para o mundo veñen os Djalminha, con álbum de debut a puntiño de ve-la luz e acompañando a Extinción por eses mundos de Dios, vertebrando outro diálogo bidireccional de batería e guitarra poderosas e innovadoras. Toda unha aposta. Con Gonchis de Unicornibot (cociñeiro, futbolista e mutante de primeira) á guitarra e Berto Fojo (debuxante, músico e renacentista en xeral) na timbalada, non hai alineación mellor dende o SuperDepor.
http://djalminha.bandcamp.com/
Todo isto por 4€ de merda para as bandas que serán reconducidos sen ningunha dúbida a algunha estación de servicio castelá. Recorda que a cultura non é un luxo senón unha necesidade!