Xoves 24 de marzo ás 20.30
Este Xoves Santo sacamos en procesión a Nuestra Señora del Oído Furado sobre os ombreiros das dúas mellores bandas de punk da historia: Extinción de los Insectos e Sudor. Si, as dúas no mesmo día. Tal y como lo oyes, cacharretas. Aquí non nos andamos nin con chiquitas nin con chiquilladas.
EXTINCIÓN DE LOS INSECTOS:
Irmáns de sangue da causa mutante. Hacen contacto en nuestros corazones y nos ponemos como cabuxas cando veñen tocar. Miguel e Jose tocaron e tocan en proxectos imprescindibles para comprender a historia da arte europea: A Room With A View, Mushitcians, Ensaladilla Rusa, Campamento Ñec Ñec, Tetris, Atomizador… Non sabemos que máis dicir. Para nós son os mellores. Que fan? Extraen o mellor da esencia do punk, da psiquedelia, do pop, do hardcore, do free jazz, sacúdeno ben sacudidiño e ametrallan co producto resultante a que teña o valor de se poñer diante. Imaxina o son de seren atropellado por un tren pero pasado despois por autotune. Pois algo así pero máis guapo.
Espabila porque logo desta xira van tomar un tempo para descansar e sabe dios cando os vas poder ver de novo.
https://chingastelaconfianza.bandcamp.com/album/extinci-n-de-los-insectos
http://afeitealperro.blogspot.com.es/
SUDOR:
Veñen de petalo na súa segunda xira por EEUU. Para os apampanados que non estivestes no memorable concerto que deron aquí o ano pasado, comentar que o seu é un punk rápido, enfurruñado, directo, sen hostias e a toda hostia, alleo ás modas, cunhas letras incontestables («Tu casa, tu coche y tu novia me sudan las pelotas»), e unha compenetración máxica, explosiva, que fai de cada un dos seus directos unha experiencia máxica e irrepetible. Imaxina o son dun tren atropelando a Manolito El Pescador. Pois así, pero sen o inglés.
https://www.youtube.com/watch?v=6ShQsd74yaw
http://lapequenaseattle.com/2013/07/16/entrevista-·-hector-y-koke-sudor/
Isto é histórico!
Estades avisadas!
P.D. 5€ de donativo destinado, coma sempre, integramente ós artistas.