15 octubre 2019

F.I.G.A. + Dolgo + Las Cruzes



72625713_2492820807460610_2528852292635983872_n

Sábado 19 de outubro ás 20.30

Toma caldo!

F.I.G.A., inda que son dous, veñen da Coruña, Arteixo e máis Ourense. Fan punk electrónico con máquinas e unha bandexa de latón para servir os langostinos. Tecnoloxía todo iso. Igual que tecnoloxía é unha pistola pero tamén o é un amigo.
Coñecédelos de Terremoto Sí, Monstruo ou Zara

DOLGO vén dende Londres, de visita nómade pola Coruña onde descubriu e se marabillou coas bondades dos supermercados galegos. Improvisará á desesperada (como se fan tódalas cousas relevantes, boas ou malas, como ir á compra) con membros das outras bandas.

LAS CRUZES veñen de Ourense. Xente de Uppercut e Avecrem. Un PC e unha batería. Polo medio Jazz rebanado feito binario. Suor sofisticada.

https://www.youtube.com/watch?v=j7Fayc9FW8M

Cartaz de Leo Sousa
Colabora cunha axuda entre 5 e 10 € directa para os musicistis