9 mayo 2014

Fabuloso Combo Espectro + Cal



fabuloso
cal

Sábado 10 de maio ás 20.15

Cal veñen de Madrid e meten bastante medo. Son de misa negra posapocalíptica e tóxica. Pospunk cunha pinga de siquedelia densa e asfixiante. Riffs pesados e voz afogada. Rota. ROTA, rapaces. Son membros de bandas célebres do punk e do rock raro e fermoso da meseta: Ginferno, Coprolitos, Muletrain… Estes máquinas de vapor escuro veñen a presentar o seu primeiro LP, “Sangre en el ojo” (ojo). Coidado.

http://cal666.bandcamp.com/album/sangre-en-el-ojo

O Fabuloso Combo Espectro dominan a península co seu pospunk elástico e liberador. Sempre fabulosos, un día son The Cramps, outro son The Fall e cando lles dá a febre parecen uns Contortions castizos. Sempre con flow, sempre con ideas, os catro madrileños poñen unha tirolina desde o seu garaxe mesetario para achegarnos ao Liceo o contido do seu LP homónimo, gravado para o exquisito selo Discos Humeantes. O puto massimo.

http://fabulosocomboespectro.bandcamp.com/album/fabuloso-combo-espectro-lp

Todo este desfase, este revolto de puñadas, esta cousa fina por 5€ que van todos para as bandas, que boa falta lles fan.

Comida e bebida a prezos saudables, coma sempre.
Hixiene mental e bálsamo intelectual.

Apertura de portas: 20:15h
Comezo dos concertos: 20:45h