22 octubre 2014

«Falando claro» de Pepe Sendón



pe

Venres 24 de outubro ás 21.00

A historia do anarquista de Louro, Claro José Sendón Lamela (1897-1937). Unha narración audiovisual de Pepe Sendón.

FALANDO CLARO trata de reconstruír a vida aventureira dun personaxe único a través dos textos que nos deixou. Por medio deles transitaremos pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo Crack de 1929 e a posterior Gran Depresión, pola vitalidade dos primeiros días da República e o agre Bienio Negro, por insólitos episodios do anarquismo galego, polos ominosos días previos á sublevación militar e, finalmente, pola Guerra Civil española.
As palabras dun rebelde, deste afouto rebelde de Louro, libertarias e radicais, agudas e retranqueiras, dramáticas e emocionantes, serán a nosa guía para coñecer unha !gura novelesca que malia parecer de outro mundo, é do noso; e para revisitar unha parte moi importante do noso pasado, que malia parecer de outra historia, tamén é a nosa.

O venres 24 de outubro, no Liceo Mutante. Por cinco euros podes aprender moito. Moito