10 mayo 2012

Fasenuova + Koroiev no Liceo!



Xoves 10 de maio ás 21:30!
Roberto Lobo e Ernesto Avelino (Hegemonía, La Cosa) son Fasenuova. Fascinados polos sons de Throbbing Gristle, Esplendor Geométrico, Whitehouse ou Suicide e confinados ás paisaxes industriais do Mieres dos 90, comezaron a súa andaina como Goodbye en 1997.
Como Goodbye fixeron dúas gravacións de longa duración, dous Cds autoeditados e distribuídos por selos como Rotor ou Ozonokids, onde experimentaban con tocadiscos tuneados (moi na liña de Christian Marclay) sintetizadores e caixas de ritmos. O resultado: crepitacións explosivas e atmosferas angustiosas.
En xuño de 2006, inspirados polo título dunha das súas cancións máis antigas, decidiron mudar en Fasenuova. Foi entón cando Arnau Sala, ilustrador, músico e metade de Les Aus ademais de home á fronte do imprescindible selo Ozonokids (Barcelona), púxose en contacto con eles e ofreceulles editar un disco. Seguindo os preceptos do DIY editaron desta forma o seu primeiro vinilo, un split cos americanos ruidistas Angel Dust. Pop con espiñas perfecto para desatar os instintos máis primitivos de calquera mente (preparada para iso). Ademais, en 2009, publican unha edición retrospectiva en dobre casete con Silvox Recordings (Philadelphia). Recentemente acaban de editar o 12″ «A la quinta hoguera» con Discos Humeantes.
http://fasenuova.bandcamp.com/
http://freemusicarchive.org/music/Fasenuova/
http://www.discoshumeantes.com/
Pola súa banda Koroiev é un proxecto de música electrónica da Coruña, a súa intención tanto nos discos como nos directos é contar a historia do mozo Kostia Bogomov
http://koroiev.bandcamp.com/
Todo este espectáculo por só 5 pavetes.