20 noviembre 2015

Fee Reega + Ocre



fee

Venres 20 de novembro ás 20.00
Volve Fee Reega ao Liceo Mutante. Volve o misterio. Volve o folk espectral hipereuropeo, a canción de entreguerras do irónico futuro. Volve ela, coa súa magnética presencia. Esta pava non é de aquí. Podería ser ata ficticia. O Liceo é o Cabaret Voltaire do noroeste peninsular e estamos a ver se actuamos en consecuencia.

https://feereega.bandcamp.com/album/la-raptora

E volve Edu Poch (Elvis Negro, Nouvelle Cuisine) a dar a de cal electrónica pola area acústica da Reega. Vén co seu novo proxecto Ocre. Tecno-Pop dinámico e con filo. Fría onda fría. Indie-kraut post-movida. Temos de todo, aquí. Moito disfeis.

https://discosdekirlian.bandcamp.com/album/torpe

Así que xa sabes. Precisas de Folk freudiano para unha noitiña de venres en novembro? VÉN. Botas de menos a Family, Parade, Apenino e todo o indie-pop de bases electrónicas e con puntería melódica? VÉN.

E de paso, experimenta un novo Liceo morniño e seco gracias á nosa nova calefacción de leña!

Todo polos 5€ pavos de rigor para que a peña que vén tocar poda chegar ó seu seguinte destino.

ARRIBA MUTANTES!