29 mayo 2017

Fee Reega



fee reega

venres 2 de xuño ás 20.30

Fee Reega volve de visita para presentarnos «Sonambulancia», a súa última colección de cancións coa banda formada por Ibán Pérez, Dolfo Montes, Dani Donkeyboy e Javier Bejarano. A alemá afincada en Xixón publica co selo Humo este último traballo, que segue danzando co seu «folk problemático» doce e tamén escuro.

Escoita «Sonambulancia»: https://feereega.bandcamp.com/

Bótalle un ollo a «Tequila», un vídeo moi bonito gravado en Galicia onde sae Rafa o do Labranza e o mítico avión da estrada que vai dende Pontevedra a Caldas de Reis: https://www.youtube.com/watch?v=3lvQPwUJ80g

Pois xa ves que cousa bonita de plan para o venres 2 de xuño, achegando soamente entre 5 ou 8 euros (ti decides!) moi necesarios para que as artistas poidan seguir facendo cousas!

Abrimos portas ás 20:30 e o concerto comezará arredor das 21:00. Haberá comida e bebida a bo prezo coma sempre!