Sábado 25 ás 20.30: FESTA DE ENTROIDO con O Gringo sou EU
O Gringo Sou EU (Brasil, Psych Rap)
Chega o entroido a Mollabao e con el preparamos un bo festolo no Liceo con concurso de disfraces, concertos, paparota e bailoteo.
Animando a velada estará o brasileiro O gringo sou EU o proxecto individual de Frankao que se fixo músico na periferia da cidade industrial e que vive en Portugal dende 2010.
Vén repartir ráfagas de rap psicodélico, miami bass, funk carioca, kuduro, dub e todo o que se lle poña por diante con tal de poñernos a bailar como cosacos.
O seu primeiro álbum – ‘MBQ – Música de Baixa Qualidade’ editado en K7 polo selo Lovers & Lollypops significa toda unha viaxe polos moitos universos das músicas das periferias urbanas e da crítica sociocultural. As pezas son inspiradas e inspiradoras, de electrónica vigorosa.
https://tapesshesaid.bandcamp.com/album/mbq-m-sica-de-baixa-qualidade
Vinde disfrazados e disfrazadas, pasarémolo mellor e haberá premios para os mellores e PEORES disfraces!!!
Pedírase unha axuda de entre 5 e 8 euros