Sábado 22 de febreiro ás 20:00
Traede os vosos mellores disfraces, e os peores tamén, xa que o Liceo Mutante celebra outro ano máis a gala do puto asco, a gala da desfeita, co típico concurso de mellores e peores disfraces, con golosos premios, haberá que pelexar bailando!
E para quentar o corpo pre e post concurso teremos terribles DJ’s Mutantes, pinchando do mellor e do peor que deu a música dende os anos 50 ata hoxe, podedes vir disfrazadas de Elvis Presley ou de Young Beef, e de todo o que houbo no medio, sen normas carai!
Haberá karaoke? é posíbel.
A entrada será de balde, e haberá a sempre deliciosa cea mutante vegana. Vinde festexar a Rosalía De Castro nº 100!!