28 mayo 2018

Festa Fin de Curso: Vermú Swing



swing

Sábado 2 de xuño ás 12.30, Festa Fin de Curso: Vermú Swing

Este ano celebramos a nosa festa de fin de curso no Liceo Mutante, o noso espazo de clases en Pontevedra. Un espazo cheo de maxia, de música, de arte, de actividades molonas… Ademais de ter un xardín grande e moi bonitiño para descansar entre baile e baile, tomar unas cañas, ou comer algo.

A festa será musicada por Swing On DJs, e contaremos con actividades moi guapas:

❗ ❗ GRABACIÓN DUNHA CURTA DOCUMENTAL con entrevistas para quen queira participar sobre o baile swing. Xabier Marqués Solla encargarase da dirección desta pequena curta que se proxectará o próximo 16 de xuño no Cine Swing de Cine Clube Ádega (Vilagarcía de Arousa).

❗ ❗ CONCURSO “SWINGIN ON EVERYTHING”
Elixe a túa parella de baile, e se non tes, nós asignámosche unha… a acepta o reto!! Só tes que bailar anacos de cancións swing e non swing (a escolla de Swing On DJs), e petalo todo o que poidas. A parella gañadora levará un Party Pass para cada un do Riquiño Exchange!!

❗ ❗ COMIDA VEGANA
Todos sabemos que unha sesión vermú boa é a que non ten hora de fin… por iso a xente do Liceo Mutante terá petiscos de comida vegana a prezos populares.

Aparece e trae amigos!!

E se non sabes bailar lindy hop, o equipo de profes de Swing On School farán unha pequena clase aberta e gratuíta ao inicio do vermú