Dende Ferrol, unha das mecas do rock sen data de caducidade, abren a comitiva os Bang 74. Con membros de formacións como Flanelon Clash ou Blind River, as súas tablas estarán postas ó servicio das túas cadeiras.
http://lafonoteca.net/grupos/bang-74
http://powerpopaction.blogspot.com.es/2010/04/bang-74-una-apisonadora-en-busca-de.html
Completan o plantel os coruñeses Twin-Sets, que ofrecerán o seu elegante pop cargado de melodías inesquecibles. Dende The Jam ata a Paul Collins Band pasan as súas influencias, e deixarante toda a semana con unhas cantas tonadas na cabeza.
http://thetwin-sets.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/thetwinsets
Ven disfrutar dunha noite de mans alzadas e bailes tolos por catro euretes de nada (recorda, integramente para as bandas) no Liceo Mutante.
E recorda, cada vez que chegas tarde a un concerto morre un gatiño! Comezamos ás 21.30!