12 febrero 2014

Festidúo ( Za! + Fasenuova + Calixta + Djalminha)



festiduo

EXTRA! EXTRA!
Chega o FESTIDÚO, un microfestival de dous días, dúas bandas por día e dúas persoas por banda. Celebrarémolo os vindeiros 14 e 15 de febreiro. Repetimos: 14 E 15 DE FEBREIROOOO!!! A entrada é de 5€ cada día e o recadado irá destinado íntegramente ás bandas.
A verdade é que estamos que botamos por fóra de contentos co cartel. Así vai a cousa:

VENRES 14 / 20.30 h.

FASENUOVA (Roberto & Ernesto, Ernesto & Roberto)
Dende Asturias, cun directo sobrecolledor e ferinte. Electrónica crúa e industrial, acelerada e desquiciante. Letras núas, ásperas e incómodas. Experiencia perturbadora e definitiva.

http://fasenuova.bandcamp.com/

CALIXTA (Anxela & Violeta, Violeta & Anxela)
A medias entre Pontevedra e A Coruña. Rock desértico e contundente, rozando o stoner por momentos. Unha boa chuflada de enerxía, máis se cabe coa recente incorporación de Violeta á batería.

http://tuyonoestudios.bandcamp.com/album/calixta-basticore-2013

https://www.facebook.com/SOMOSCALIXTA

SÁBADO 15 / 20.30 h.

ZÁ! (Pau & Edu, Edu & Pau)
Os barceloneses saltaríns. Flow. Megaflow. Ultraflow. Ultrashow. Os apóstolos do novo ritmo. Unha festa de danza tribal e improvisación alegre. Un reencontro moi especial logo da súa participación desinteresada de hai un ano, que supuxo un empurrón definitivo para manter con vida ó Liceo.

http://www.gandula.net/
https://www.facebook.com/putosza

DJALMINHA (Gon & Berto, Berto & Gon)
A nosa banda residente. Son ese tipo de xente que con catro toques na cancha che meten unha tunda. Djalminha xogan, driblan e sempre acaban gañando. Amosarannos os temas que forman o seu moi inminente debut en LP.

http://djalminha.bandcamp.com/

Lembrade: 14 e 15 de febreiro, 20.30 e 5€/día.

Vémonos!