15 septiembre 2015

Festival Chingaste la Confianza



11703421_876267552449285_1772702905689909039_o

Sábado 19 de setembro ás 17.OO; Festival Chingaste la Confianza no Liceo Mutante

Chingaste La Confianza é un dos selos con mellor olfato do underground estatal. Logo de ter celebrado dúas edicións do seu festival en Madrid, lugar de nacemento do proxecto, desta volta queren compartir connosco e no Liceo o seu patrimonio. A movida vai ser a repera, pero deixemos que sexa Basilio, mandamáis do selo, quen nolo explique:

«Estamos moi contentos de facer un festival no Liceo Mutante, un deses lugares máxicos e chanantes que fan a nosa existencia un chisquiño máis pracenteira. Sendo ademáis nós de Pontevedra, era inevitable que isto ocorrese algún día.

Para esta gran ocasión temos unha selección de grandes artefactos sonoros:

PABLO PRISMA
Pablo, integrante de Prisma en Llamas e outros grupos como Ensaladilla Rusa ou Bicicross, deleitaranos con fermosas cancións de luz e pop maravilloso editadas recentemente na súa cinta «Domesticidad», adicada íntegramente ós seus fillos.

www.chingastelaconfianza.bandcamp.com/album/domesticidad

DOPPELTGÄNGER
Héctor e Adolfo de Afilador, cargados de sintes e aparatos, fan música escura que nos transportará a outra dimensión. Atentos a como se o peinan os colegas.

www.doppeltganger.bandcamp.com

PRISMA EN LLAMAS
Levaban eóns sen tocar hasta que se xuntaron para dar un concerto acústico no festival de El Morro de Alf.Deixáronnos nostálxicos e con ganas de moito máis. Desta vez voltan á carga con toda a súa artillería pesada para deslumbrarnos con himnos pop como «Hay una Selva» o «Cadete». Con membros de Margarita, Sierra, Ensaladilla Rusa e Bicicross.

www.prismaenllamas.bandcamp.com

AFILADOR
Teñen membros de Muletrain, Juanita y los Feos ou Trono de Sangre nas súas ringleiras. Defínense eles mesmos:
«Tres personas, dos razas. La multiculturalidad hippie de Lavapiés no existe en este grupo, no te engañes.
Desde el post-todo a los principios de cuando la nada. Primitivo y ruidoso. Del pensamiento que los coros son para el hardcore melódico, la voz es el punto de ruptura con todo lo que pudiera parecerse en lo musical».

www.afilador.bandcamp.com

CUCHILLO DE FUEGO
Durante este último ano estes mutantes non pararon de xirar e tocar por toda a península presentando «Triple España», e como desta volta xogan en casa, creo que non fai falla moita máis presentación.

www.cuchillodefuego.bandcamp.com »

Ben falado, Basi!

Os concertos comenzarán cediño, polo que abriremos portas ás 17.00. Apurade que despois pasa o que pasa!

A entrada terá un custe de 7€, donativo que será destinado íntegramente para as bandas.